lunes, 21 de mayo de 2018

Deportistas polo mundo

Nesta segunda parte do traballo dos códigos, fixemos honor aos  deportistas de todo o mundo.
A simboloxía que empregamos é a dos "Aros olímpicos", que representan segundo a súa cor, aos distintos continentes.

































Agradecemos aos alumnos e alumnas de 4º e  5º/6º polo seu traballo e esforzo, xa que, sen o seu ben facer, non sería posible este proxecto.

Deica o próximo!

























































sábado, 3 de marzo de 2018

SIMBOLOXÍA DAS CULTURAS

       Este curso 2017-18, estamos a traballar a simboloxía e os códigos que forman parte da linguaxe dos pobos e culturas.

      Durante o primeiro e, parte do segundo trimestre, nas clases de E. Artística, estivemos traballando sobre esta temática, tan ampla como interesante; porque engloba moitos campos do saber(arte, música, linguas, relixión, costumes...)

   O primeiro que tivemos que decidir foi como enfocalo, para que resultase o máis motivador posible.

   Comezamos investigando e facendo buscas en libros, na rede... e decidímonos por centrarnos na parte "artística" das culturas.

    Cada un de nós, elixíu a que máis lle atraía, e con todas, realizamos un mural conxunto titulado: "A Simboloxía das Culturas"
   Posteriormente, centrámonos na nosa cultura: A Celta.

   Descubrimos que é unha cultura chea de simbolismos, que fomos representando con debuxos acompañados de pequenas explicacións sobre o seu significado.

    Realizamos tres murais máis: un, representa a Árbore da vida; outro, cos debuxos celtas máis característicos, feitos con plastilina e; por último, o que representa os amuletos celtas, realizados con limpapipas a xeito de "chaveiros" con carteliños que explican para que servían.

   Con todo este traballo editamos un pequeno vídeo onde podedes ver o día a día destas actividades.

      Esperamos que vos guste!!
  




lunes, 26 de febrero de 2018

Traballo da Simboloxía no deporte


HOMENAXE AOS DEPORTISTAS GALEGOS DE ÉLITE 

BIOGRAFÍAS, LOGROS E MEDALLAS RECIBIDAS POLA SÚA LABOR COMO DEPORTISTAS DE ALTA  COMPETICIÓN.













TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP ESPEDREGADA E COORDINADO POLO DEPARTAMENTO DE E. FÍSICA.